Inicio Galicia Preto de 600.000 persoas recibiron a vacina da gripe na campaña que...

Preto de 600.000 persoas recibiron a vacina da gripe na campaña que rematou onte

0

Estas cifras supoñen un incremento de máis de 27.000 vacinados respecto do ano pasado


Preto de 600.000 galegos vaciñaronse na actual campaña contra a gripe que se iniciou o pasado 14 de outubro e que rematou onte. A falta dos datos do útimo día, 594.818 persoas vacináronse ata o 26 de decembro. Isto supón un total de 27.410 persoas vacinadas máis respecto á campaña do ano pasado.

Das persoas vacinadas, 406.340 pertencen ao grupo obxectivo de 65 anos ou máis, o que supón una taxa de cobertura neste colectivo do 59,78%, adiantando en máis dun punto porcentual as cifras acadadas na anterior campaña. Isto supón que se vacinaron 11.898 persoas máis neste grupo que na totalidade do ano anterior. Os índices máis elevados, ao igual que en anos anteriores, sitúanse na poboación de 75 ou máis anos con coberturas por encima do obxectivo marcado do 65%, acadando un 66,69%, o que pon de manifesto a boa adhesión desta poboación á vacinación anual fronte á gripe.

Increméntase dun xeito especial a participación do persoal sanitario, un colectivo prioritario para a vacinación, tanto para evitar a transmisión da gripe aos pacientes coma pola súa propia protección. Así, consolídase a tendencia ascendente dos derradeiros anos. Ata 26 de decembro, 17.267 profesionais sanitarios galegos recibiran a vacinación, superando en 2.370 vacinados o número total acadado na campaña 2018. En atención primaria vacináronse 5.213 profesionais respecto dos 4.853 do ano pasado. A evolución é aínda maior na atención hospitalaria, con 12.054 traballadores vacinados, 2.000 máis que un ano atrás, cun incremento notable no persoal de enfermería hospitalaria.

Cómpre destacar así mesmo á vacinación das mulleres embarazadas. Nesta campaña vacináronse 7.206 o que supón un incremento de 645 respecto á vacinación no 2018. Estas cifras mostran a consolidación deste grupo de risco como de gran adherencia á vacinación.

Sanidade recorda que este ano en Galicia aínda non estamos en onda epidémica e aínda están a tempo de vacinarse todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito. Así, aínda que a campaña rematou onte, os interesados poden acudir a facelo a algún dos preto de 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade (centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da terceira idade e outros). As vacinas estarán dispoñibles durante o mes de xaneiroÉ necesario insistir tamén na importancia de protexerse fronte á gripe, nestas persoas en risco xa que a vacina antigripal non só limita o número de casos de gripe, senón que diminúe as posibilidades de que aparezan formas severas da enfermidade e reduce o risco de complicacións, hospitalización e morte.Últimos datos epidemiolóxicosNon se pode esquecer que o principal obxectivo desta campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela e, aínda que non empezou a onda deste ano, os últimos datos epidemiolóxicos publicados amosan xa 40 ingresos hospitalarios por esta enfermidade, un dos cales tivo que ingresar na UCI.

Para máis información poden consultar a web temática da campaña (https://gripe.sergas.es), como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, con toda a información actualizada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre