Inicio Galicia Preto de 4.000 menores de 21 anos da área de Pontevedra viaxan...

Preto de 4.000 menores de 21 anos da área de Pontevedra viaxan de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ?Xente Nova' tras dous meses e medio de funcionamento

0
image_gallery.jpg

O maior número de usuarios mozos nesta área pertence o municipio de cabeceira, onde se teñen distribuído 1.850 dispositivos, seguidos polos de Marín, onde se teñen expedido 891 tarxetas Xente Nova


Preto de 4.000 menores de 21 anos da área de Pontevedra están a viaxar xa de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ‘Xente Nova’, tras cumprirse dous meses e medio da implantación deste dispositivo.

A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos. O pasado 1 de xaneiro ampliouse a cobertura do dispositivo ata os menores de 21 anos e, o pasado mes de xuño, a Xunta puxo en marcha este dispositivo en 13 concellos da área de Pontevedra e tamén na provincia de Ourense.

Esta primeira fase da ampliación territorial no transporte público dependente da Xunta, forma parte da renovación integral das liñas de transporte público interurbano de Galicia, que se desenvolverá de forma progresiva ata acadar o conxunto da comunidade.

Máis en concreto, desde a segunda quincena de xuño e ata esta semana, estanse a beneficiar xa da gratuidade do transporte un total de 3.978 menores de 21 anos da área de Pontevedra. O maior número de demanda de tarxetas ‘Xente Nova’ procede dos mozos e mozas do concello de Pontevedra, onde se expediron un total de 1.850 dispositivos. Nesta listaxe de usuarios que viaxan de xeito gratuíto co dispositivo séguelle a mocidade de Marín (con 891 tarxetas Xente Nova expedidas), Poio (168), Sanxenxo (146) e Bueu (133 tarxetas Xente Nova expedidas).

En canto as viaxes realizadas desde a implantación do dispositivo ‘Xente Nova’ nesta área, desde mediados de xuño e ata o 31 de xullo, o número ascende ata un total de 13.779, sendo os traxectos máis empregados os de ida e volta entre Pontevedra-Marín e as conexións entre Sanxenxo e Pontevedra.

Tarxeta TMGA implantación total do Plan de Transporte Público está a permitir estender ademais ao conxunto dos usuarios do autobús interurbano da área de Pontevedra as vantaxes da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG), cun 10% de desconto en todas as viaxes.

Os datos destes primeiros meses de extensión da tarxeta de Transporte TMG reflexan que na área de Pontevedra, onde está a funcionar este dispositivo tamén desde o pasado 15 de xuño, xa beneficia a 2.757 usuarios.

Deste xeito, coincidindo coa posta en funcionamento destes novos contratos, os usuarios das liñas destas áreas teñen tamén á súa disposición un novo bono de ata 50 viaxes mensuais, independentemente de que sexan de ida ou de volta, que supón un desconto do 50% do custo de cada unha das viaxes sobre a tarifa das empresas.

A posta en marcha do Plan de Transporte Público en Galicia, no que a Xunta vai investir máis de 70 millóns de euros ao ano para o seu mantemento, inclúe máis paradas e mais servizos e tamén supón aplicar unha tarifa homoxénea en toda Galicia. É dicir o custo do percorrido por quilómetro será igual en toda Galicia, de aí que as tarifas varíen segundo o número de quilómetros dos traxectos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre