Inicio Galicia Preto de 11.000 empregados públicos acóllense a medidas de flexibilidade horaria ou...

Preto de 11.000 empregados públicos acóllense a medidas de flexibilidade horaria ou teletraballo

0

Actualmente, uns 10.694 traballadores fan uso da flexibilidade horaria, 416 máis dos que empregaban esta modalidade en decembro de 2017


Preto de 11.000 empregados públicos da Administración autonómica están a acollerse actualmente á flexibilidade horaria e ao teletraballo como fórmulas de conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Estas novas modalidades de traballo da administración galega puxéronse en marcha en 2014 e desde ese ano os datos están demostrando que están acadando unha boa acollida e que supoñen vantaxes, tanto para a organización como para os traballadores.

Segundo os últimos datos a 31 de xullo, 10.694 empregados públicos están facendo uso da flexibilidade horaria na súa xornada de traballo, o que supón un incremento de 416 traballadores máis sobre a cifra rexistrada en decembro de 2017.

Esta flexibilidade pode ser automática, que mantén un horario fixo de presenza diaria de 9,00 a 14,30, mentres que a franxa flexible ata completar a xornada laboral é a restante, isto é, entre 7,30 e 9,00; e entre 14,30 e 18,30. Tamén pode ser por motivos de conciliación , no caso de ter fillos menores de 12 anos ou persoas dependentes ao cargo. Nestes casos, a franxa de traballo permitida esténdese entre as 7,30 e as 18,30 horas de luns a venres (agás nos casos nos que sexa preciso establecer unha franxa de traballo obrigatoria).

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Actualmente, hai 9.334 empregados con flexibilidade horaria automática, e 1.360 por razóns de conciliación, o que suma un total de 10.694.

Por xénero, a maioría das solicitudes autorizadas de flexibilidade automática son de mulleres (64,18%), unha porcentaxe que aínda é lixeiramente superior no caso da flexibilidade por razóns de conciliación (71,02%).

TeletraballoAdemais da flexibilidade, os empregados e empregadas públicas poden desenvolver as súas tarefas fóra das dependencias da Administración autonómica mediante o emprego de novas tecnoloxías, sempre e cando cumpran unha serie de requisitos e que a natureza do seu posto o permita. O número máximo de xornadas que poderán efectuarse nesta modalidade serán de 3 á semana.

Actualmente, un total de 296 persoas prestan servizos a través desta modalidade de traballo non presencial, a maioría deles (67,90%) nos servizos centrais. Deste total, 174 corresponden a prórrogas, froito da boa experiencia e beneficios desta medida. Por xénero, as mulleres representan o 50,47% das persoas que están teletraballando, e os homes, o 49,53%.

Os postos autorizados para teletraballo por tipoloxía son fundamentalmente asesores xurídicos, corpos de inspección (farmacéutica, urbanística, de traballo, de saúde pública…), tradutores, informáticos, e outros postos que desenvolven funcións que poden ser desempeñadas cun grao alto de autonomía e a distancia.  

Leer más:  La alcaldesa de Santiago solicitará la participación de Rueda en el plan estratégico para coordinar aeropuertos

- Te recomendamos -