Inicio Galicia Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 42 centros educativos formaranse a...

Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 42 centros educativos formaranse a través do programa ?Finanzas para mortais?

0

A iniciativa parte da colaboración entre a Consellería , a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander


Preto de 1.400 alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato de 42 centros de ensino de toda Galicia formaranse ao longo deste curso a través do programa Finanzas para mortais, froito da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander.

Esta é a terceira edición deste programa, pioneiro en toda España, no que 43 alumnas e alumnos do ciclo de grao superior de Administración e finanzas serán os responsables de impartir a devandita información. Para iso, recibiron preparación por parte dos responsables do Banco de Santander nunha xornada desenvolvida o pasado venres no CIFP Compostela.

Esta iniciativa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. A actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo, Eduemprende.

Actividades nos centrosAs actividades nos 42 centros educativos comprenderán sesións, talleres e charlas impartidas polo alumnado voluntario de FP xunto con profesionais do Banco Santander. Nelas desenvolverán conceptos como o significado do diñeiro, o consumo e aforro responsables, a renda variable, os créditos e os préstamos, o cambio de moeda e o emprego de tarxetas no estranxeiro, os impostos, a débeda pública, a xubilación, os tipos de financiamento, a cotización á Seguridade Social ou a diferenza entre persoa física e persoa xurídica, entre outros.

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Táboa normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Os centros participantes nesta terceira edición son os recollidos na seguinte táboa:   Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre