Inicio Galicia Portos de Galicia ultima a colaboración coa organización do XIV Encontro de...

Portos de Galicia ultima a colaboración coa organización do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais impulsado por Culturmar

0


O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, para ultimar a colaboración de ambas entidades de cara á celebración do XVI e Encontro de Embarcacións Tradicionais que o colectivo organizará no porto pontevedrés da Guarda o vindeiro mes de xullo.

Na reunión participaron tamén a Confraría de Pescadores da Guarda e o colectivo local de impulso ao patrimonio marítimo Piueiro. Deste xeito, Portos de Galicia pretende establecer sinerxias entre todos os colectivos e potenciar os beneficios que este encontro pode xerar para o peirao guardés.

O encontro celebrarase no peirao da Guarda entre o 11 e o 14 de xullo e contará coa presenza de máis de 150 embarcacións tradicionais chegadas de diversos países europeos. O obxectivo desta actividade é a difusión do patrimonio cultural marítimo e nesta liña se centrará a colaboración de Portos de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre