Inicio Galicia Portos de Galicia tramita a reparación e ampliación da rampla de varada...

Portos de Galicia tramita a reparación e ampliación da rampla de varada do porto da Guarda

0

O ente público vén de encargar a redacción do proxecto para esta actuación demandada pola confraría de pescadores da localidade


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a tramitar a obra de reparación e ampliación da rampla de varada do peirao do municipio pontevedrés da Guarda. Así o trasladou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ás instalacións portuarias coa patrona maior da localidade.

Durán Hermida explicou que Portos de Galicia vén de encargar a redacción do proxecto para esta actuación, que foi demandada pola confraría de pescadores e o conxunto do sector portuario da Guarda. O ente público investiu nesta contratación do proxecto un total de 15.000 euros.

As obras que se proxectan consistirán na ampliación nuns 35 metros da rampla entre as escaleiras do peirao e a fronte do garaxe do cabestrante ata acadar a cota -1 en baixa mar. O proxecto incluirá tamén as obras de reparación ou reconstrución do pavimento deteriorado así como as obras de recalce das escaleiras e do peirao anexos.

Finalmente, os traballos previstos implicarán tamén a inspección submarina do estado da cimentación do peirao anexo á rampla que se renovará e, de ser viable, a dragaxe dunha rocha presente no leito mariño na zona afectada pola ampliación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre