Inicio Galicia Portos de Galicia prevé rematar nun mes a dragaxe de Foz e...

Portos de Galicia prevé rematar nun mes a dragaxe de Foz e iniciar a instalación dos pantaláns na dársena pesqueira

0

O ente público executa tamén os últimos traballos das obras de instalación de defensas e medios de amarre en Viveiro

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a executar as obras de dragaxe da dársena e a bocana de acceso ao porto do municipio lucense de Foz. Segundo os técnicos do ente público, de non producirse ningún imprevisto nas vindeiras semanas, estes traballos poderían quedar rematados nun prazo aproximado dun mes.

Esta actuación, que conta cun investimento de medio millón de euros, dá resposta á demanda reiterada por parte do sector portuario focense e do concello, que viñan reivindicando unha actuación en profundidade para devolver calado á dársena pesqueira e náutico recreativa.

Unha vez completadas as obras de dragaxe, procederase a executar a segunda fase do proxecto consistente na instalación de novos pantaláns na mesma zona pesqueira. Portos prevé que ditas obras poidan estar finalmente rematadas para o vindeiro mes de novembro.

Por outra banda, tamén na Mariña lucense, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia está a rematar os traballos de instalación de novas defensas e medios de amarre no porto de Viveiro-Celeiro. Esta actuación supón un investimento de 600.000 euros, o que elevaría a máis dun millón a achega do ente público á Mariña. Os técnicos de Portos estiman que as obras en Celeiro poidan quedar rematadas no mes de outubro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre