Inicio Galicia Portos de Galicia licita a dragaxe da dársena do Grove cun orzamento...

Portos de Galicia licita a dragaxe da dársena do Grove cun orzamento de 150.000 euros

0
image_gallery.jpg

O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 9 de novembro


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de sacar a licitación as obras de dragaxe da dársena do Corgo, no municipio pontevedrés do Grove. Así o comunicou esta mañá a titular do ente público, Susana Lenguas, nunha xuntanza de traballo mantida con representantes da confraría de pescadores da localidade, na que estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Susana Lenguas lembrou que o 20 de outubro se publicou no perfil do contratante o inicio da licitación destas obras e que o prazo de presentación de ofertas rematará o 9 de novembro. “Esta obra dará resposta ás limitacións detectadas na operatividade nalgunhas zonas do peirao, que restrinxen o calado dos buques que poden facer uso do mesmo debido aos problemas de sedimentación”, trasladou. Ademais a presidenta de Portos indicou que para permitir a atracada de buques en condicións de seguridade será necesaria a recuperación polo menos das cotas de -2 metros respecto da baixamar.

As obras consisten fundamentalmente na execución dunha dragaxe de area na parte da dársena ata alcanzar a cota -2. O volume total a dragar é de 4.000 metros cúbicos nunha superficie de 10.445 metros cadrados situada na zona do porto, que é a principal afectada pola sedimentación.

O orzamento base de licitación das obras é de 148.500 euros e o prazo de execución previsto estímase en tres meses. Con esta actuación dáse resposta ás necesidades do sector devolvendo a operatividade completa a dársena grovense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre