Inicio Galicia Portos de Galicia inicia as obras de emerxencia para reparar o espigón...

Portos de Galicia inicia as obras de emerxencia para reparar o espigón do peirao de Mera

0

As actuacións tamén prevén melloras nos muros do dique de abrigo cun investimento total de arredor de 160.000 euros


Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, iniciou esta semana as obras de emerxencia para reparar o pavimento no espigón do peirao de Mera e corrixir outras deficiencias existentes nesta infraestrutura como consecuencia dos temporais rexistrados no mes de novembro. As actuacións, que contan cun orzamento próximo aos 160.000 euros, pretenden corrixir o afundimento do chan do espigón e reforzar os muros do dique de protección mediante o reforzo dos seus apoios e o encintado dos paramentos.

As obras consisten no levantamento e recheo do pavimento da zona afundida, cunha superficie de arredor de 350 metros cadrados, para a súa posterior colocación cunha base de formigón e a reparación e selado do pavimento do último tramo da rampla. A actuación tamén prevé o reforzo con formigón dos calzos de apoio do muro do dique de abrigo, previa limpeza e acondicionamento, e a colocación dunha escolleira nun dos seus tramos.

O ente dependente da Consellería do Mar tamén encintará e reparará os paramentos dos muros mediante a colocación das pezas que faltan na súa estrutura ao tempo que levantará e recolocará a imposta do espigón no último tramo da rampla. Os traballos supoñen ademais a reconstrución con formigón do pé da rampla e do morro do espigón.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre