Inicio Galicia Portos de Galicia impulsa a mellora da calidade medioambiental dos seus peiraos...

Portos de Galicia impulsa a mellora da calidade medioambiental dos seus peiraos deportivos para que gañen en competitividade

0

A presidenta do ente autonómico asegura que a Xunta seguirá a traballar para potenciar as infraestruturas náuticas e facelas máis atractivas e adaptadas ás necesidades dos navegantes nacionais e internacionais

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, destacou hoxe que o ente autonómico está a impulsar a adaptación dos seus portos cara a unha maior eficiencia medioambiental e enerxética e trasladou o seu compromiso de que seguirá a traballar neste eido para gañar en competitividade. Así o trasladou durante a súa participación no acto de clausura do certame Ibernáutica 2019, que reuniu desde onte a numerosos expertos en enxeñería naval, náutica deportiva, medio ambiente e solucións sustentables en instalacións náutico-deportivas, entre outros sectores.

Neste sentido, Susana Lenguas salientou a importancia do sector da náutica en Galicia e a necesidade de afrontar os retos aos que se enfronta este sector mediante unha adaptación permanente cara a un modelo de xestión máis rendible, sustentable e plenamente capacitado para manter a súa competitividade.

A este respecto, a máxima responsable do ente público lembrou que Galicia é actualmente un destino náutico de referencia nas rutas de navegación Norte-Sur e conta con innumerables oportunidades de desenvolvemento grazas á súa privilexiada situación estratéxica, á conformación xeográfica da súa costa e tamén aos recursos naturais, patrimoniais e paisaxísticos que posúe.

Neste sentido, marcouse como obxectivo afianzar os atraques como portos base e incrementar os tránsitos de embarcacións nos portos deportivos de Galicia e asegurou que a Xunta seguirá a traballar para potenciar as infraestruturas náuticas mediante estratexias de promoción e mediante o apoio para a obtención de distintivos de calidade que fagan as mariñas e portos galegos máis atractivos e adaptados ás necesidades dos navegantes nacionais e internacionais. Ao mesmo tempo, apostará por potenciar os atraques de porto base, dos usuarios habituais dos distintos peiraos autonómicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre