Inicio Galicia Portos de Galicia consensúa cos consignatarios da Pobra do Caramiñal opcións de...

Portos de Galicia consensúa cos consignatarios da Pobra do Caramiñal opcións de mellora para os traballadores da estiba

0

O ente público presentou un proxecto dun edificio para vestiarios e abre a posibilidade de concesionar o solo para que as empresas instalen casetas propias

Portos de Galicia está a traballar na mellora das condicións de traballo dos operarios da estiba do porto da Pobra do Caramiñal. Para elo, a presidenta do ente público, Susana Lenguas, vén de abordar esta mesma mañá cos consignatarios que operan no porto e empregan ao persoal de estiba as posibilidades construtivas para a mellora dos vestiarios, responsabilidade das propias empresas, pero coa que o ente público quere contribuír na medida das súas competencias. Ademais, nas últimas semanas Lenguas Gil mantivo varios encontros cos consignatarios e o alcalde do municipio tanto na sede do ente público como no propio porto pobrense.

Nestas reunións de traballo, Lenguas Gil presentou aos consignatarios as alternativas viables para mellorar o espazo dos vestiarios do que dispoñen os estibadores. Concretamente a presidenta de Portos deu conta do proxecto redactado e outras posibles alternativas de construción dun edificio de servizos propio para a estiba que albergaría os vestiarios.

O proxecto redactado define un edificio de 740 metros cadrados de superficie para uso dos traballadores e o importe estimado para a súa execución é de máis de 700.000 euros. Tal como explicou Susana Lenguas, Portos de Galicia ten rematado o proxecto construtivo e atópase en disposición de proceder á súa licitación que, porén, non foi iniciada para analizar conxuntamente cos consignatarios outras solucións construtivas máis económicas que permitan reducir as taxas de ocupación previstas polo uso da instalación.

A segunda alternativa para dar solución ás necesidades dos traballadores e reducir a repercusión das taxas, pasa pola concesión ás empresas do solo portuario necesario para a instalación por parte dos propios consignatarios das casetas con función de vestiarios para a estiba. Desde a Administración portuaria trasladouse aos interesados as diferentes opcións co obxectivo de que sexan eles quen opten pola alternativa máis axeitada para a súa actividade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre