Inicio Galicia Portos de Galicia ampliará un pantalán pesqueiro no peirao de Arcade, en...

Portos de Galicia ampliará un pantalán pesqueiro no peirao de Arcade, en Soutomaior

0

Esta obra responde a unha demanda da confraría de pescadores da zona para facilitar o seu traballo diario e supón un investimento de preto de 36.000 euros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, empezará nos próximos días a ampliación dun dos pantaláns pesqueiros do peirao de Arcade, en Soutomaior. Esta obra responde a unha demanda da confraría de pescadores da zona para facilitar o seu traballo diario e supón un investimento de preto de 36.000 euros.

Os traballos consistirán na instalación dun módulo de pantalán de aluminio de 12 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho con pavimento de madeira tecnolóxica e na colocación de nove brazos de amarre (fingers) de 4 metros de lonxitude. Para a suxeición do pantalán instalaranse catro pilotes e o prazo de execución desta actuación é dun mes.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, informou ao patrón maior da confraría de Arcade sobre o próximo inicio desta obra nunha reunión mantida hoxe na que abordaron distintos temas de interese para o sector marítimo-pesqueiro da zona.

Esta actuación forma parte dos labores de mellora e mantemento que Portos de Galicia realiza nos peiraos autonómicos despois de analizar as necesidades das instalacións portuarias. Con eles, o ente público busca poñer en valor as instalacións portuarias coa finalidade de mellorar a operatividade portuaria, impulsar a competitividade, e eficiencia e a sustentabilidade dos peiraos autonómicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre