Inicio Galicia Pomar aposta pola expansión do modelo SEM, de desenvolvemento do talento e...

Pomar aposta pola expansión do modelo SEM, de desenvolvemento do talento e a creatividade, a todo o Sistema Educativo Galego

0

A conselleira deu unha conferencia na universidade estadounidense de Connecticut, convidada polo Centro Renzulli para a Creatividade, as Altas Capacidades e o Desenvolvemento do Talento


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, aposta pola expansión do modelo de enriquecemento curricular, coñecido como SEM polas súas siglas en inglés (Schoolwide Enrichment Model), a todo o sistema educativo galego, como vía para avanzar na equidade e na excelencia.

Así o afirmou na conferencia impartida onte na universidade estadounidense de Connecticut, onde salientou o liderado de Galicia na introdución do SEM en Europa, tras o desenvolvemento do proxecto Piteas, baseado neste modelo, en colaboración coa Fundación Barrié nos últimos catro cursos e cuxos obxectivos serán asumidos agora polo seu departamento. “O obxectivo para o vindeiro curso é centrarse na motivación e na sustentabilidade do modelo no sistema educativo galego”, sinalou.

A titular de Educación da Xunta foi convidada polo Centro Renzulli para a Creatividade, as Altas Capacidades e o Desenvolvemento do Talento da Universidade de Connecticut ao congreso anual Confratute (Conference, Fraternity & Institute) para abordar a experiencia galega na introdución do SEM, de desenvolvemento do talento e a creatividade, no sistema educativo. Carmen Pomar destacou o compromiso dos docentes como clave para conseguir o éxito desta implantación e da súa expansión.

Así, a Consellería incidirá na formación, mentorización e motivación do profesorado para garantir que a experiencia desenvolvida ata o de agora en 28 centros siga medrando. Para isto reforzarase a preparación dos formadores e dos mentores, así como as accións formativas aos docentes, tanto nos propios centros como na Rede de Formación Permanente do Profesorado.

Para a conselleira, na sociedade en permanente e vertixinoso cambio na que vivimos, “os modelos educativos teñen que orientarse a formar persoas con capacidade de comunicación, adaptables, creativas e con altas doses de curiosidade”. Neste contexto, “o SEM posibilita ese enriquecemento para todo o alumnado, aproveitando o talento único de cada estudante”. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre