Inicio Galicia Política Social visita o comedor La Esperanza de Vigo ao que destina...

Política Social visita o comedor La Esperanza de Vigo ao que destina máis de 200.000 euros

0

Arturo Parrado sinalou que a cidade olívica é un lugar máis solidario grazas ao labor que realiza a entidade Casa Caridad-Hogar San José

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o comedor social La Esperanza de Vigo ao que a Xunta de Galicia destina máis de 200.000 euros entre 2018 e 2020. Alí mantivo unha entrevista de traballo con representantes da entidade encargada da súa xestión, Casa Caridad-Hogar San José, para coñecer a súa situación e necesidades.

Arturo Parrado destacou o papel de organizacións coma esta polo seu papel na atención ás persoas máis vulnerables, especialmente nestas datas de Nadal. O director xeral sinalou que Vigo é unha cidade máis solidaria grazas aos servizos que se prestan os 365 días do ano o comedor La Esperanza.

Neste sentido, asegurou que esta entidade seguirá contando co apoio do Executivo galego na posta en marcha de iniciativas que loiten pola plena inclusión e pola axuda ás persoas máis vulnerables. Un labor para o que estimou imprescindible a colaboración con todas as administracións involucradas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre