Inicio Galicia Política Social visita o Centro de Menores San Aníbal de Burela no...

Política Social visita o Centro de Menores San Aníbal de Burela no que inviste 600.000 euros ao ano

0

Comprobou tamén o estado das obras realizadas durante os anos 2017 e 2018 nas que o Goberno galego investiu un total de 100.000 euros


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou esta mañá aos usuarios do centro de menores San Aníbal de Burela no que a Xunta de Galicia inviste 600.000 euros ao ano entre o programa de acollemento residencial e de atención de día. Alí destacou o importante esforzo que a entidade Fillas do Divino Celo-Rogacionistas realizan cada día polas nenas e nenos destas instalacións.

Amparo González sinalou que este compromiso manterase durante o vindeiro ano 2020 ao contemplar o mesmo investimento na cobertura das oito prazas contratadas na residencia Casa de Familia San Aníbal e nas outras 20 prazas de centro de día. Uns servizos que permiten darlle aos menores usuarios un fogar o máis amigable e cómodo posible. Así mesmo, a directora xeral comprobou o estado das obras realizadas en ambos os dous centros durante os anos 2017 e 2018 e nas que o Goberno galego investiu un total de 100.000 euros entre reparacións e novo equipamento.

A directora xeral lembrou a importancia de que as administracións públicas e as diferentes entidades sociais colaboren para ofrecer aos diferentes colectivos servizos de calidade que contribúan a construír unha sociedade máis xusta. Un labor no que incide cada día esta entidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre