Inicio Galicia Política Social visita as instalacións da Asociación Patronato Concepción Arenal de Ferrol

Política Social visita as instalacións da Asociación Patronato Concepción Arenal de Ferrol

0


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións da Asociación Patronato Concepción Arenal de Ferrol onde coñeceu os obradoiros e actividades financiados polo Goberno galego que alí se realizan. Así destacou o gran labor que esta entidade realiza a favor da inclusión social dos colectivos máis vulnerables da cidade.

O director xeral sinalou que a colaboración entre a Administración e as entidades dedicadas á atención ás persoas é fundamental para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. Neste sentido, agradeceu á asociación a súa disposición a unir forzas cara a este obxectivo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre