Inicio Galicia Política Social visita a escola infantil de titularidade autonómica de Coristanco

Política Social visita a escola infantil de titularidade autonómica de Coristanco

0

O centro conta con 41 prazas e dá servizo a familias de Coristanco e municipios da súa contorna


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe xunto ao alcalde do municipio, Juan Carlos García Pose, a escola infantil pública de titularidade autonómica de Coristanco. A escola conta con tres unidades e 41 prazas.

Perfecto Rodríguez destacou o servizo que se presta neste centro e que ademais da atención educativa, posibilita a conciliación laboral e familiar dun importante número de familias. A escola pertence á rede autonómica de escolas infantís a Galiña Azul.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre