Este grupo de expertos realiza visitas por diferentes cidades españolas para coñecer o tratamento ás minorías nacionais, con especial foco na poboación xitana
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, trasladoulle esta mañá a unha delegación de expertos sobre o convenio marco para a protección das minorías nacional do Comité Consultivo de Europa as medidas impulsadas desde a Consellería de Política Social en inclusión sociolaboral.
Esta delegación realiza unha visita por varias cidades españolas, entre elas Santiago de Compostela e Vigo, no contexto do quinto ciclo de monitoreo. En particular, este grupo de expertos abordará con especial interese a situación da poboación xitana. Por este motivo, tamén participaron no encontro persoal da Fundación Secretariado Gitano.
O director xeral trasladoulles as medidas impulsadas desde o Goberno galego para garantir a inclusión dos diferentes grupos. Programas en colaboración con diferentes entidades e administracións para impulsar actividades de reinserción laboral e formación.