Inicio Galicia Política Social súmase á nova campaña de Nadal de Fegerec de apoio...

Política Social súmase á nova campaña de Nadal de Fegerec de apoio ás persoas que padecen enfermidades raras

0
image_gallery.jpg

O obxectivo é concienciar á sociedade sobre estas doenzas e recadar fondos para o programa asistencial sociosanitario da federación coa venda en farmacias e comercios de ‘bastóns máxicos’, doces de caramelo sen glute nin lactosa


O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Fernando González Abeijón, salientou a importancia que ten o traballo da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para as persoas que padecen estas doenzas. Fíxoo na presentación da nova campaña de nadal, a novena, que pon en marcha esta organización co fin de dar máis visibilidade a estas enfermidades e recadar fondos para o programa asistencial sociosanitario da federación.

Fernando González garantiu a continuidade do apoio da Xunta de Galicia á tarefa que leva a cabo Fegerec. Neste sentido, valorou o acompañamento que a entidade presta ás persoas desde o primeiro momento, cando aínda non hai un diagnóstico para a enfermidade; e, despois, orientándoas e asesorándoas sobre os recursos dispoñibles. Tamén salientou os servizos que desenvolve a federación nos campos do traballo social, intervención psicolóxica, fisioterapia, terapia ocupacional e logopedia, entre outros.

Segundo a Organización Mundial da Saúde existen preto de 7.000 enfermidades raras que afectan ao 7% da poboación mundial. Estímase que en España existen máis de tres millóns de persoas con doenzas pouco frecuentes, 200.000 delas en Galicia.

Por un nadal máxicoA nova campaña de nadal de Fegerec ten como lenda Pode ser máxico grazas a ti e consiste na comercialización dos chamados bastóns máxicos, doce de caramelo sen glute nin lactosa de cor vermello e branco. Colexios profesionais farmacéuticos, centros de Vegalsa Eroski, El Corte Inglés, e empresas e comerciantes apoian esta campaña coa posta á venda destes bastóns durante o período de nadal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre