Inicio Galicia Política Social subliña a importancia dunha alimentación equilibrada para favorecer un envellecemento...

Política Social subliña a importancia dunha alimentación equilibrada para favorecer un envellecemento saudable

0

Destaca que a nutrición contribúe a mellorar a autonomía e o benestar das persoas maiores

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, resaltou esta mañá a importancia de levar unha dieta equilibrada como un dos factores que propician un envellecemento saudable. Díxoo na apertura da xornada organizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para presentar o proxecto Ecosistema Atlántico de Alimentación Saudable, financiado no marco do programa Interreg Espazo Atlántico.

Ildefonso de la Campa sinalou que aspectos como a nutrición contribúen a mellorar a autonomía e o estado de saúde das persoas maiores. A este obxectivo responde o proxecto europeo Nutriage que está a desenvolver a Consellería de Política Social ao abeiro do programa Interreg V España-Portugal 2014-2020, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Nesta iniciativa participan 19 residencias de maiores públicas de titularidade autonómica e outras dúas da zona norte de Portugal. Nas mesmas faise un seguimento dos menús co obxectivo de adaptalos ás necesidades que teñen as persoas residentes.

Ademais da Xunta de Galicia, forman parte do proxecto Nutriage a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis), a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos–Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (ANFACO-CECOPESCA), a Universidade Católica Portuguesa-Centro Rexional de Oporto, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, a Santa Casa da Misericórdia de Oporto e a Associação Integralar (PortugalFoods).

Pola súa banda, o obxectivo do Ecosistema Atlántico de Alimentación Saudable é contribuír á mellora competitiva e ao crecemento da cadea de valor dos alimentos e estilo de vida saudables. Esta iniciativa, liderada polo Clusaga, conta coa participación doutras oito organizacións de ámbito internacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre