Inicio Galicia Política Social sinala que Galicia ten un 25% máis de prazas públicas...

Política Social sinala que Galicia ten un 25% máis de prazas públicas para discapacidade que hai dez anos

0

Garante a colaboración con esta entidade na atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e ás súas familias

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu hoxe á segunda edición do festival de integración Festiritititi organizado pola Asociación Amicos con motivo do Día da Discapacidade. Alí destacou os avances acadados polo Goberno galego durante a última década nesta materia como o incremento nun 25% das prazas públicas para discapacidade.

Ademais, gabou o labor desta entidade con preto de 20 anos loitando polos dereitos das persoas con discapacidade intelectual para que reciban atención, asistencia, formación e asesoramento adecuado, ademais de proporcionándolles unha mellor calidade de vida aos usuarios e ás súas familias.

O director xeral garantiu a colaboración da Administración autonómica co seu labor tal e como vén realizando durante a última década. Ildefonso de la Campa resaltou a importancia de que as administracións xunten forzas para impulsar melloras na situación das persoas con algún tipo de discapacidade.

Lembrou ademais que para 2020 o orzamento que a Xunta de Galicia destinará en mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade será de 115 millóns de euros, isto é, un 77% máis que o que se destinaba en 2009.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre