Inicio Galicia Política Social salienta o traballo e o papel dos coidadores que axudan...

Política Social salienta o traballo e o papel dos coidadores que axudan ás persoas maiores no día a día

0

Destaca que as persoas de máis idade son un dos piares fundamentais de Galicia

A Consellería de Política Social salienta o papel dos coidadores que axudan ás persoas maiores no seu día a día. Así o fixo a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, na cea benéfica que celebra hoxe Fundación de axuda aos maiores e aos seus coidadores (Famyc) no Casino de Ferrol.

Amparo González puxo en valor o esforzo da Administración autonómica por poñer a disposición das galegas e galegos de máis idade servizos de proximidade e de calidade, non soamente nos municipios de carácter máis urbano senón tamén nas parroquias rurais.

A directora xeral tamén asegurou que os maiores son un dos piares fundamentais de Galicia, polo que garantiu o compromiso da Xunta de seguir a traballar día a día na mellora do seu benestar e calidade de vida. Nesta liña, defendeu o papel protagonista das galegas e galegos de máis idade en todos os ámbitos da sociedade, pois os seus coñecementos e experiencia son un legado e unha oportunidade que as xeracións máis novas non deben desaproveitar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre