Inicio Galicia Política Social salienta a importancia de garantir opcións de menús seguros para...

Política Social salienta a importancia de garantir opcións de menús seguros para as persoas celíacas

0

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu ás primeiras xornadas organizadas por Acega baixo o lema ‘Restauración tamén sen glute’


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu hoxe ás primeiras xornadas Restauración Tamén Sen Glute organizadas pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega). A directora xeral destacou a importancia deste encontro para que cada vez sexan máis os establecementos de hostalería que oferten opcións de menús seguros para as persoas celíacas.

Amparo González tamén explicou que a Xunta está a traballar da man da asociación de Celíacos nun convenio de colaboración para mellorar a formación dos profesionais de hostalería e aumentar o benestar das familias. Este acordo será o primeiro destas características que se asine coa entidade. A directora xeral coincidiu con Acega na conveniencia de facilitar a identificación dos restaurantes e demais negocios de hostalería con menús adaptados para aqueles clientes que non poden inxerir glute.

No encontro, que se desenvolveu na sede da Asociación de Hostalería de Compostela, interviñeron membros tanto de asociación galega de celíacos como da federación española. Tamén se celebrou unha mesa redonda coa participación empresarios de hostalería que teñen en funcionamento locais en Santiago de Compostela, Vigo, Lalín e Cabanas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre