Inicio Galicia Política Social reúnese coa asociación Xuntanza Xuvenil para coñecer a súa experiencia...

Política Social reúnese coa asociación Xuntanza Xuvenil para coñecer a súa experiencia de campamento creativo

0

Destaca a necesidade de apoiar as propostas que lideren as propias mozas e mozos


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, escoitou esta mañá as experiencias da Asociación Xuntanza Xuvenil de Valladares, que este verán desenvolveu co financiamento da Xunta un campamento creativo e de lecer na área de lecer e aulas do centro veciñal no Pedregal e outros espazos naturais desta parroquia viguesa.

Cristina Pichel destacou a importancia de ceder a iniciativa ás mozas e mozos e que sexan eles os que programen as súas actividades co apoio das administracións. Neste sentido, engadiu que é fundamental ter en conta as expectativas e os intereses da xente nova en calquera acción pública que se dirixa a ela.

No caso da iniciativa levada a cabo por esta entidade, as rapaces e rapazas levaron a cabo obradoiros nos que construíron aparatos electrónicos, aprenderon a técnica da animación ou iniciáronse na maxia, as artes circenses e na cultura hip-hop. Tamén fixeron actividades de natureza, participaron en xogos populares e en experiencias culinarias, entre outras actividades. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre