Inicio Galicia Política Social reforza o apoio aos menores vítimas de abusos sexuais a...

Política Social reforza o apoio aos menores vítimas de abusos sexuais a través dun servizo de atención e seguimento coa Fundación Meniños

0

Achega 65.000 euros a este programa co que se prevé atender un centenar de casos

A Xunta de Galicia reforza as súas actuacións fronte os abusos sexuais exercidos contra nenas, nenos e adolescentes ao garantir a continuidade dos servizos de apoio a estas vítimas. A Consellería de Política Social destina este ano 65.000 euros ao desenvolvemento deste programa que se realiza a través da Fundación Meniños, entidade cunha longa traxectoria no traballo de ámbito social, fundamentalmente con menores, e co que se prevé atender aproximadamente 100 casos.

A través deste programa un equipo formado por profesionais dos campos da psicoloxía, educadores sociais e traballadores sociais interveñen ante situacións de violencia sexual, co propósito de proporcionar aos menores vítimas a seguridade e prevención ante posibles novas situacións traumáticas. Con este obxectivo realizan tarefas de acompañamento da nena ou neno e tamén se ocupan de formar aos familiares non agresores e as principais persoas responsables do seu coidado na adquisición de estratexias e habilidades que lles permitan afrontar as consecuencias do abuso.

O campo de intervención inclúe tamén aos profesionais que traballan na contorna das nenas e nenos abusados, entre eles, o profesorado. O programa contempla ademais o seguimento posterior de todos os casos sobre os que se interviñera, como mínimo aos tres, seis e nove meses desde a finalización da intervención.

Cómpre indicar que o abuso sexual infantil impacta sobre todas as áreas de desenvolvemento do menor: física (trastornos de soño ou de alimentación, entre outros), de conduta (autolesións, hiperactividade, abuso de sustancias e dificultades importantes de relación coa contorna), emocional (agresividade, ansiedade, baixa autoestima) e sexual (aptitudes non apropiadas ou de risco). Por elo, é necesario intervir de tal xeito que se posibilite a superación do trauma e se promova a integridade da identidade e benestar psico-social do menor.

Intervención con familiasAdemais deste programa de intervención ante abusos sexuais na infancia, a Consellería de Política Social ten abertas outras liñas de colaboración coa Fundación Meniños. As principais son o Programa de Integración Familiar, que se centra en abordar a reunificación, preservación e mellora da convivencia do núcleo familiar para garantir o benestar dos menores ou o programa de atención prenatal, para apoiar ás mulleres en situación de vulnerabilidade social na súa experiencia coa maternidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre