Inicio Galicia Política Social publica a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís

Política Social publica a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís

0
image_gallery.jpg

Póñense á disposición das familias 471 prazas de 0 a 3 anos que complementan a rede de recursos públicos de atención á infancia


A Consellería de Política Social publica hoxe na súa páxina web a adxudicación das prazas concertadas en escolas infantís para o curso 2019-2020, que se rexen polos prezos establecidos pola Administración autonómica. A través deste procedemento, a Xunta pon a disposición das familias 471 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos, que amplían e complementan a rede de recursos públicos de atención á infancia.

Estas 471 prazas distribúense entre 21 centros. Destes, cinco localízanse na cidade da Coruña, un en Ferrol, un en Cambre e un en Ames. Na provincia de Lugo, dúas na cidade de Lugo. Tres na cidade de Ourense, seis en Pontevedra, e dous en Cangas.

Cómpre recordar que o pasado 1 de abril Galicia converteuse na primeira Comunidade Autónoma en aprobar a gratuidade da atención educativa para os segundos fillos e sucesivos en todas as escolas infantís de 0 a 3 anos con independencia da súa titularidade. Aínda que a actividade nestes centros se suspendeu por mor da pandemia da covid-19 e se retomará en setembro co inicio do novo curso, a decisión de que a atención educativa sexa gratuíta para as familias continúa vixente. Ademais de todas as escolas infantís públicas e as de iniciativa social, xa se acolleron a esta medida a práctica totalidade (196 de 199) das escolas infantís privadas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre