Inicio Galicia Política Social promove os valores deportivos na mocidade no encontro sectorial do...

Política Social promove os valores deportivos na mocidade no encontro sectorial do Espazo Xove de Betanzos

0

O encontro contou coa participación de Carlos Arévalo, premio a mellor piragüista galego 2019 ou Ángel Caamaño, presidente de GRUMICO Sociedad Deportiva, entre outros


A Consellería de Política Social promove os valores deportivos na mocidade no encontro sectorial organizado hoxe no Espazo Xove de Betanzos. Alí a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a importancia de establecer dinámicas deportivas entre as mozas e mozos para o desenvolvemento profesional e persoal.

Esta iniciativa procura ofrecer ferramentas para que as mozas e mozos adquiran coñecementos e valores por medio de novas figuras profesionais para descubrir nas súas paixóns posibles saídas profesionais. Para iso, establécese unha dinámica de diálogo entre a xuventude da zona e os axentes económicos do territorio, coa finalidade de impulsar novas oportunidades de colaboración e mentoring.

Nesta ocasión, o encontro contou coa participación de referentes do mundo deportivo como Carlos Arévalo, premio a mellor piragüista galego 2019; Ángel Caamaño, presidente de GRUMICO Sociedad Deportiva; Olalla García, actual campioa europea de fútbol gaélico; Fran Costoya, campión do mundo de raid orientación ou Javier de la Fuente, exciclista profesional.

O pasado venres desenvolveuse en Pontedeume un encontro semellante, aínda que centrado na potencialidade da gastronomía. Nesa ocasión os participantes puideron escoitar as experiencias de Luis Veira, do restaurante Árbore da Veira, emprazado na cidade herculina; Alexo Negreira, do restaurante ferrolán Casalexo; e Cristian Santiago do restaurante Marea, en Cariño.

Proxecto LideraO proxecto ‘Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo’ (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros, o 75 % financiado con fondos Feder, e terá unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre