Inicio Galicia Política Social pon en valor espazos naturais de protección de aves no...

Política Social pon en valor espazos naturais de protección de aves no Concello do Grove cun campo de voluntariado para mozos

0
image_gallery.jpg

Durante esta experiencia traballouse na recuperación de estruturas de observación ornitolóxica, entre outras actividades


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe ao grupo de mozas e mozos que mañá sábado rematan a súa experiencia no campo de voluntariado A terra que habita o mar, iniciado o pasado día 1 deste mes de setembro. Este é o último campo de voluntariado desta tempada estival e a última actividade da Campaña de Verán deste ano 2020.

Durante este campo, rapaces e rapaces de entre os 18 e 30 anos de idade, puxeron en valor zonas de especial protección para as aves por ser lugar de parada nas migracións europeas e euroafricanas. Así, recuperaron estruturas de observación ornitolóxica, deseñaron e colocaron carteis interpretativos nestes lugares e tamén limparon especies de plantas invasoras.

Ademais, este campo de voluntariado incluíu un programa de actividades de ocio e tempo libre centradas, sobre todo, en deportes náuticos e de contacto coa natureza: piragüismo, bodyboard, mergullo de superficie ou sendeirismo, entre outras.

A Consellería de Política Social ofertou neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña seguiron as medidas de prevención fronte á covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

En total, a Campaña de Verán deste ano, que leva por título O verán que necesitas, puxo á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre