Inicio Galicia Política Social participa nunhas xornadas informativas sobre os beneficios da dieta atlántica...

Política Social participa nunhas xornadas informativas sobre os beneficios da dieta atlántica para un envellecemento saudable

0

Celebráronse diferentes mesas redondas sobre a alimentación sénior e o Clúster alimentario de Galicia presentou unha guía de criterios de produtos adaptados para as persoas maiores


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou hoxe a importancia da dieta e do estado nutricional na saúde e benestar das persoas maiores. Díxoo durante a clausura dunha xornada informativa sobre o proxecto Nutriage para a promoción do envellecemento saudable a través da nutrición e a dieta atlántica, que tivo lugar no Edificio Cersia Empresa.

Ildefonso de la Campa sinalou que a cultura culinaria de Galicia ten un valor de identidade coñecido de maneira xeneralizada, pero que é necesario difundir tamén o seu valor nutricional, que contribúe a garantir unha vellez satisfactoria e saudable. Neste sentido, apuntou que encontros como este permiten avanzar na estandarización dun sistema de avaliación do estado nutricional da poboación maior.

Na xornada celebráronse diferentes mesas redondas sobre a dieta atlántica e a alimentación sénior, e o Clúster alimentario de Galicia presentou unha guía de criterios de produtos adaptados para as persoas maiores.

Iniciativa europeaO proxecto Nutriage lévase a cabo no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O obxectivo principal é o deseño de estratexias nutricionais personalizadas fundamentadas na alimentación tradicional atlántica e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios que optimicen o estado nutricional das persoas maiores.

Ademais da Xunta, as entidades de Galicia que participan neste proxecto son: a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis), a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos–Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca). E por parte de Portugal: a Universidade Católica Portuguesa-Centro Rexional de Oporto, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, a Santa Casa da Misericórdia de Oporto y a Associação Integralar (Portugal Foods).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre