Inicio Galicia Política Social multiplicará por dez o alcance do autobús de Coidados porta...

Política Social multiplicará por dez o alcance do autobús de Coidados porta a porta para chegar a 200 concellos

0

Durante o 2019 foron atendidas máis de 2.100 persoas de 20 concellos diferentes dentro desta iniciativa

A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicou esta tarde no Parlamento galego os resultados do programa de Coidados porta a porta impulsado este ano polo Executivo autonómico. Un servizo que achega revisións de optometría, podoloxía, estimulación da memoria e outras prestacións ás persoas maiores que viven no rural.

A conselleira sinalou que durante o 2019 esta iniciativa atendeu a máis de 2.100 persoas de 20 concellos do rural. Ante a boa acollida deste proxecto o Goberno galego ampliará o vindeiro ano a ruta do seu autobús ata multiplicala por dez e chegar a 200 concellos de Galicia.

Fabiola García lembrou que o obxectivo da Xunta de Galicia é ofrecer servizos de calidade ao maior número de maiores alí onde eles prefiran. Neste sentido salientou que son os propios usuarios os que demandan atencións nos seus propios domicilios e por iso, o Executivo autonómico continuará impulsando iniciativas que permitan ofrecer coidados sen que os usuarios teñan que desprazarse.

Exemplo diso é o Servizo de Axuda no Fogar, que no próximo ano chegará a 24.000 usuarios; o programa Xantar na Casa, que leva comida os sete días da semana a preto de 200 concellos; o servizo de Teleasistencia que beneficia a 6.000 usuarios na nosa Comunidade ou a rede de casas do maior, pequenos centros de día no rural que chegarán a 60 no próximo ano.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre