Inicio Galicia Política Social mantén un encontro con persoas voluntarias no concello de Val...

Política Social mantén un encontro con persoas voluntarias no concello de Val do Dubra

0


Val do Dubra (A Coruña), 10 de marzo de 2020.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde un encontro con persoas voluntarias no Concello de Val do Dubra. Alí gabou a súa implicación na participación en programas de recuperación da cultura e tradicións populares, de coidado medio ambiental ou da posta en valor do medio rural, entre outros.

Así mesmo, a directora xeral sinalou que os participantes puideron mellorar os espazos naturais do seu municipio, programar actividades para o benestar de persoas con discapacidade e maiores ou o mantemento das rutas de sendeirismo da zona. Unhas tarefas que, concretou, benefician tanto á formación dos voluntarios como a paisaxe do seu entorno.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre