Inicio Galicia Política Social lanza unha nova orde de axudas a familias numerosas para...

Política Social lanza unha nova orde de axudas a familias numerosas para estadías en estacións de montaña de Galicia

0

A Administración autonómica sufragará parte dos gastos, de xeito que os núcleos familiares beneficiarios recibirán 35 euros por persoa maior de 12 anos e 37,5 euros por cada menor de 12 anos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas a familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Unha iniciativa concibida para o apoio social e o fomento de actividades de lecer destes núcleos familiares.

Este programa irá destinado a sufragar parte dos gastos da viaxe cunha contía de 35 euros por persoa e estadía, no caso dos adultos e as nenas e nenos de 12 anos ou máis, e de 37,5 para menores de 12 anos. Os beneficiarios deberán cumprir unha serie de requisitos: formar parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, residir en Galicia, ter o título de familia numerosa en vigor e que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 euros anuais.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes e as familias interesadas deberán xustificar o gasto e o pagamento antes do 15 de decembro. Estas axudas realizaranse a través dun pagamento único e de maneira continuada ata esgotar o crédito orzamentarios consignado con esta finalidade, isto é 20.000 euros.

Este programa vén recibindo dende a súa creación, no ano 2013, unha moi bo acollida. Na pasada edición, foron 80 as solicitudes recibidas das que 68 cumprían co requisitos necesarios para ser beneficiarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre