Inicio Galicia Política Social informa ás familias da Mariña lucense sobre a gratuidade das...

Política Social informa ás familias da Mariña lucense sobre a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos

0

Resolve as dúbidas sobre a implantación desta medida

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe tres escolas infantís da comarca da Mariña, onde informou ás familias e responsables dos centros sobre a implantación da gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos a partir do 1 de abril.

Amparo González trasladoulles que esta iniciativa implantarase de maneira automática nas escolas de titularidade autonómica e cubrirá os gastos da atención educativa. Non obstante, o comedor seguirá correndo a cargo dos pais. Así mesmo, a directora xeral confirmoulles que a medida beneficiará a fillos que formen parte dunha mesma unidade familiar.

En concreto, a directora xeral achegouse ás escolas infantís públicas de Celeiro; Virxe da Purificación, en Foz; e Nuestra Señora Campo, de Ribadeo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre