Inicio Galicia Política Social informa á ANPA do Colexio Infanta Elena dos avances na...

Política Social informa á ANPA do Colexio Infanta Elena dos avances na posta en marcha do novo centro de día e ocupacional

0

As entidades teñen de prazo ata finais deste mes para presentar as súas propostas

A secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social, María Francisca Gómez, reuniuse hoxe con representantes da ANPA do Colexio de Educación Especial (CEE) Infanta Elena aos que lles explicou os pasos que está a dar a Xunta de Galicia para poñer en marcha o novo centro de atención a persoas con discapacidade intelectual. O Goberno galego destinará o vindeiro ano 353.000 euros a este servizo que contará con 25 prazas, 15 de atención diúrna e outras 10 ocupacionais, e que tamén prestará servizo de transporte regular para aqueles usuarios que o demanden.

A secretaria xeral informou ao grupo de pais e nais de que a Administración autonómica ten aberto ás entidades ata finais deste mes de decembro o prazo de presentación de propostas para a xestión do servizo. O tempo de duración do contrato será ata o 31 de decembro de 2020, o cal se poderá prorrogar ata un máximo de cinco anos por un montante total de dous millóns de euros.

Este novo centro permitirá proporcionarlle ás familias con fillas e fillos con discapacidade unha atención profesional e continuada unha vez que finalicen a súa etapa educativa no CEE Infanta Elena.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre