Inicio Galicia Política Social incentiva a innovación e a creación de ideas das mozas...

Política Social incentiva a innovación e a creación de ideas das mozas e mozos a través do novo Fab Lab de Lugo

0

O Albergue Lug2 estrea este espazo de traballo con talleres e programas para favorecer o emprendemento da mocidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á posta en marcha do Fab Lab instalado no albergue Lug2, ao abeiro do proxecto Lug Open Factory que se está desenvolvendo nel. Alí destacou a importancia de espazos coma este onde se incentiva a innovación e a creación de novas ideas por parte das mozas e mozos galegos.

Os usuarios deste Fab Lab poden, entre outras cousas, participar nun taller de tres horas no que deseñarán e lle darán forma a súa propia idea. Así mesmo, tamén poden deseñar os seus propios prototipos, e para iso facilitaráselles mecanismos e ferramentas de última xeración como son os talleres de 3D printing, cutting, márketing dixital, posicionamento na rede ou programación informática.

Cómpre resaltar que este proxecto está enmarcado no programa Atlantic Youth Creative Hubs, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do programa Interreg Espazo Atlántico.

A directora xeral resaltou que esta iniciativa permite o emprendemento da mocidade, unha tarefa para a que, asegurou, as entidades sempre contarán co apoio do Goberno galego. Así as cousas, sinalou que Lugo se converte con este Fab Lab nun punto de referencia para a creatividade e a innovación en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre