Inicio Galicia Política Social impulsa o voluntariado sénior en Lalín a través do seu...

Política Social impulsa o voluntariado sénior en Lalín a través do seu Desván municipal

0

O Concello recibiu unha achega económica para fomentar iniciativas que inclúen voluntarios de máis de 55 anos


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou o impulso do voluntariado sénior en Lalín a través do Desván municipal, no que 18 voluntarios recollen, seleccionan, clasifican e entregan roupa ás familias do municipio que a precisen. Fíxoo esta tarde durante a súa visita ás instalacións deste servizo que se atopa na antiga Casa dos Mestres do Centro de Educación de Infantil e Primaria Xesús Golmar.

Cristina Pichel gabou o traballo que realizan as persoas voluntarias deste servizo, que dedican o seu tempo aos demais. Das persoas que participan no Desván municipal de Lalín, unha decena fano cunha dedicación semanal e as outras oito dunha maneira máis intermitente.

Así mesmo, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado recordou que o Concello de Lalín recibiu a achega de 800 euros ao abeiro da orde que financia proxectos de Voluntariado Sénior de entidades de acción voluntaria e en concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Este programa púxose en marcha este mesmo ano e ten como obxectivo fomentar o voluntariado entre as galeas e galegos de máis de 55 anos.

O Desván caracterízase por ser un espazo aberto de colaboración voluntaria, e iso fixo que nesta iniciativa social se integraran outras asociacións e colectivos para reforzo do servizo, de modo que asociacións locais sen ánimo de lucro como Asociación Carabelo e a Asociación Aspadeza de Lalín colaboran no mesmo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre