Inicio Galicia Política Social impulsa a arqueoloxía e o medio ambiente co campo de...

Política Social impulsa a arqueoloxía e o medio ambiente co campo de voluntariado ?Tradición en verde' en Lalín

0

Mozas e mozos entre os 18 e os 30 anos participan nestas actividades que poñen en valor o patrimonio e a contorna


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde ao grupo de mozas e mozos que participan no campo de voluntariado arqueolóxico, etnográfico e medioambiental Tradición en verde, que se está a desenvolver no municipio pontevedrés de Lalín.

Este campo de voluntariado persegue como obxectivos, por un lado, a participación na VII Campaña de Consolidación de Castro de Doade; e, por outra, a divulgación da cultura e o patrimonio galego a través de varias actuacións no Museo Etnográfico "Casa do Patrón" e o seu contorno: elaboración de material informativo, acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta do Castro de Doade.

Ademais diso, os participantes tamén desfrutan dun amplo programa de actividades de ocio complementarias, que inclúe tiro con arco, bailas e danzas tradicionais galegas, obradoiros de cestaría, así como xogos de xeolocalización.

A directora xeral aproveitou a visita ao campo de voluntariado para acompañar ás mozas e mozos nalgunhas actividades. Así mesmo, visitou con eles as Fragas de Catasós e tamén participou nunha ruta en bicicleta. Pola noite terán a oportunidade de realizar un visionado de estrelas aproveitando a choiva de perseidas que terá lugar.

Campaña de veránA Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

En total, a Campaña de Verán deste ano, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre