Inicio Galicia Política Social gaba as actividades interxeracionais entre os usuarios da Casa Niño...

Política Social gaba as actividades interxeracionais entre os usuarios da Casa Niño e os da Casa do Maior en Vilarmaior

0

A súa posta en marcha permite ambas as dúas xeracións adquiran valores, experiencias e coñecementos


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, gabou as actividades interxeracionais postas en marcha entre os usuarios da Casa Niño e os da Casa do Maior en Vilarmaior. Fíxoo esta mañá na visita que realizou a ambas instalacións e na que puido presenciar unha destas iniciativas.

Amparo González salientou este tipo de actividades ao ser beneficiosas tanto para as cativas e cativos como para os maiores. A súa posta en marcha permite que as pequenas e pequenos adquiran valores, experiencias e coñecementos, mentres que os maiores poden alimentarse da ilusión dos máis novos.

As Casas Niño son recursos gratuítos para as familias que se impulsan nos concellos máis pequenos -con menos de 5.000 habitantes- para contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, dinamizar a economía local para intentar fixar poboación nova no rural. É un servizo no que se presta atención personalizada e nun horario flexible a un máximo de cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. En concreto, esta Casa Niño de Vilarmaior ten todas as súas prazas ocupadas.

Pola súa banda, as Casas do Maior seguen a filosofía das Casas Niño, pero adaptadas ás persoas de máis 60 anos que se atopan en situación de dependencia moderada ou severa (graos I e II). Estes centros, emprazados en concellos de menos de 5000 habitantes, están abertas un máximo de 8 horas cada día, con flexibilidade horaria e con todas as garantías de seguridade e calidade esixibles.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre