Inicio Galicia Política Social felicita aos participantes do programa pasaporte solidario no colexio Santa...

Política Social felicita aos participantes do programa pasaporte solidario no colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense

0

Esta actividade enmárcase dentro da Semana do Voluntariado que o Goberno galego conmemora con motivo da celebración este xoves do Día Internacional do Voluntariado


A Consellería de Política Social felicita ás nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Primaria que participaron no programa Pasaporte Solidario desenvolvido no Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús de Ourense. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu hoxe de primeira man as actividades realizadas durante este curso.

Como novidade, este programa inclúese por primeira vez dentro do Plan Proxecta, unha iniciativa dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan competencias clave e tamén elementos transversais, nos que se inclúe a educación en valores.

Ademais, esta actividade enmárcase tamén dentro da Semana do Voluntariado que o Goberno galego vén conmemorando con motivo da celebración este xoves 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado. Así, cada día ten lugar unha actividade en promoción da acción voluntaria.

Autobús ‘Engánchate ao voluntariado’A directora xeral visitou tamén o autobús Engánchate ao voluntariado que hoxe facía unha parada en Ourense. Con motivo da Semana do Voluntariado, este vehículo está percorrendo desde o martes 26 as principais cidades e vilas galegas divulgando os programas de acción voluntaria impulsados pola Xunta de Galicia. Ata a data visitou Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Marín, Ribeira, Noia, Melide, Lugo, Monforte e agora Ourense. A ruta rematará este venres diante da Delegación da Xunta en Vigo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre