Puxo en valor a calidade e profesionalidade na atención que se presta neste servizo
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta mañá ao XXV aniversario do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria. Alí felicitou ás súas traballadoras e traballadores polo labor levado a cabo ao longo deste tempo para a mellora da calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios.
Ildefonso de la Campa destacou a importancia de centros como este, nos que se presta unha atención de calidade e se fai un seguimento individualizado dos seus usuarios. Neste sentido, incidiu no compromiso da Xunta de Galicia por seguir a mellorar os recursos destinados ás persoas con discapacidade.
Nesta efeméride participaron persoal, usuarios e familiares. A celebración incluíu unha gala musical, a cargo da propia comunidade do centro, actuacións e animación e o visionado de fotografías realizadas ao longo do ano nestas instalacións.