Inicio Galicia Política Social felicita á asociación Antonio Noche da Coruña polo seu traballo...

Política Social felicita á asociación Antonio Noche da Coruña polo seu traballo a prol da integración social

0

O centro acolle cursos para a transición ao emprego, a alfabetización e a formación dixital, entre outros

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo hoxe un encontro cos membros da asociación Antonio Noche, da Coruña, onde puido coñecer de primeira man as súas instalacións e os labores que alí realizan. Neste sentido, o director xeral gabou o importante esforzo que esta entidade realiza, coa colaboración da Xunta de Galicia, a favor das persoas en risco de exclusión social.

Arturo Parrado, que aproveitou para manter unha xuntanza de traballo cos responsables da asociación, destacou a importancia da formación para mellorar as opcións de empregabilidade destes colectivos. Tamén avogou por continuar a traballar na eliminación de calquera tipo de discriminación que aínda poida persistir na sociedade, a través de campañas de sensibilización.

Neste sentido, o director xeral tamén destacou que esta asociación achega diferentes cursos de transición ao emprego, alfabetización e formación dixital que permiten ás persoas usuarios ter as ferramentas precisas para incorporarse ao mercado laboral e ter máis posibilidades de atopar un traballo.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre