Inicio Galicia Política Social facilita a 79 familias numerosas estadías en estacións de montaña...

Política Social facilita a 79 familias numerosas estadías en estacións de montaña de Galicia

0

A Administración autonómica sufragará parte dos gastos, de xeito que os núcleos familiares beneficiarios recibirán 35 euros por cada persoa maior de 12 anos e 37,5 euros por cada menor de 12 anos

A Consellería de Política Social facilita a 79 familias numerosas estadías de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Unha iniciativa concibida para o apoio social e o fomento de actividades de lecer destes núcleos familiares.

Este programa vai destinado a sufragar parte dos gastos da viaxe cunha contía de 35 euros por persoa e estadía, no caso dos adultos e as nenas e nenos de 12 anos ou máis, e de 37,5 para menores de 12 anos. Os beneficiarios cumpren unha serie de requisitos: forman parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, residen en Galicia, teñen o título de familia numerosa en vigor e a renda per cápita da unidade familiar non supera os 10.500 euros anuais.

Este programa vén recibindo desde a súa creación, no ano 2013, unha moi boa acollida. Este ano presentáronse 86 solicitudes, das que 79 reunían as condicións para recibilo. Así mesmo, é unha contía semellante á pasada edición, na que houbo 80 solicitudes recibidas das que 68 cumprían co requisitos necesarios para ser beneficiarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre