Inicio Galicia Política Social escoita as propostas de mozas e mozos de Ribadavia en...

Política Social escoita as propostas de mozas e mozos de Ribadavia en materia de xuventude

0

Informouse tamén dos programas e actividades de interese para a xente nova


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde un encontro con mozas e mozos de Ribadavia para coñecer as súas propostas co gallo de seguir a mellorar os programas e actuacións dirixidas á xente nova. A reunión tivo lugar na Oficina Municipal de Información Xuvenil e na mesma tamén participou o alcalde de Ribadavia, César Fernández.

Cristina Pichel tamén informou de programas e actividades de interese para a mocidade. Neste sentido destacou a participación do Concello de Ribadavia como entidade de apoio e acollida de rapazas e rapaces estranxeiros ao abeiro do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.

Na actualidade hai nesta localidade unha persoa de Eslovenia que rematará o seu proxecto de voluntariado o vindeiro mes de abril e acaban de chegar outras tres procedentes de Italia, Francia e Portugal, que permanecerán en Galicia 12 meses. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre