A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde un encontro con mozas e mozos de Arbo para coñecer as súas propostas co gallo de seguir a mellorar os programas e actuacións dirixidas á xente nova.
Cristina Pichel tamén informou ás rapaces e rapazas que asistiron ao encontro de programas e actividades que poden ser do seu interese.