Inicio Galicia Política Social entrega os diplomas ás persoas participantes no curso de lingua...

Política Social entrega os diplomas ás persoas participantes no curso de lingua de signos para fomentar o voluntariado

0


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, fixo entrega esta tarde no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil dos diplomas ás 13 persoas participantes na modalidade presencial no curso de lingua de signos para fomentar o voluntariado entre as persoas xordo-cegas e xordas.

Esta iniciativa resulta do protocolo asinado entre a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, para promover a sensibilización e impulsar o voluntariado na atención ás persoas xordo-cegas.

Este evento coincide co inicio da Semana do Voluntariado, que se enmarca na celebración o vindeiro xoves 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado. Así nos próximos días desenvolveranse diferentes actividades de promoción da acción voluntaria por toda Galicia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre