Inicio Galicia Política Social destina preto de 80.000 euros á asociación lucense Alar Galicia...

Política Social destina preto de 80.000 euros á asociación lucense Alar Galicia para a atención á inserción social

0

Destaca as medidas impulsadas polo Goberno galego cara a plena inclusión como o decreto da Risga, que permite compatibilizar a axuda cun emprego

A Consellería de Política Social destina preto de 80.000 euros á entidade Alar Galicia para impartir diferentes programas de alfabetización, así como para o desenvolvemento do programa Mellora, dirixido a fomentar a inserción social e laboral de persoas que se encontran en risco de exclusión social en Lugo. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe a unha xornada impartida por esta asociación para a mellora das habilidades sociais das persoas en risco de exclusión.

O director xeral destacou a importancia de que as administracións colaboren coas diferentes entidades para coñecer de primeira man as necesidades ás que se enfrontan cada día. Así, Arturo Parrado asistiu a estas xornadas de motivación para que as persoas se interesen por incrementar as súas habilidades comunicativas e sociais, unhas charlas que tiveron lugar na biblioteca pública de Lugo. Tamén recoñeceu o labor de Alar na integración social e laboral de mulleres en situación ou risco de exclusión social.

Así mesmo, o director xeral incidiu na importante implicación do Goberno galego para atender ás persoas máis vulnerables da cidade de Lugo. Neste sentido, detallou que no último ano aprobouse o decreto da Risga, que ten entre as súas principais novidades o feito de que se permite solicitala tamén a persoas que non estean en situación de desemprego. Deste xeito, creáronse dous novos tramos: o de transición ao emprego e o de inserción.

Ademais, Arturo Parrado sinalou que ten como obxectivo que todas as persoas que perciben esta prestación o fagan de maneira temporal e se formen para comezar unha nova etapa da súa vida.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre