Inicio Galicia Política Social destina máis de 480.000 euros á Fundación Amigos de Galicia...

Política Social destina máis de 480.000 euros á Fundación Amigos de Galicia para a inserción dos colectivos máis vulnerables

0

Esta cantidade corresponde aos fondos concedidos con cargo ao IRPF así como á convocatoria de axudas para entidades sociais

A Consellería de Política Social destina máis de 480.000 euros á Fundación Amigos de Galicia para a cobertura de necesidades básicas, así como para o desenvolvemento de programas e iniciativas que axuden á inserción dos colectivos máis vulnerables. Faino con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), así como mediante a convocatoria de axudas para entidades sociais.

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na inauguración do curso de preparación de competencias claves impartido por esta entidade. Alí destacou a importancia da colaboración entre as administracións e as entidades sociais para construír unha sociedade máis igualitaria e xusta. Con este fin, sinalou que Política Social concedeu ao Concello de Ourense 290.000 euros para a atención a persoas en risco de exclusión a través da orde de axudas a entidades locais para os anos 2019-2021.

Así mesmo, detallou que no último ano o Executivo autonómico puxo en marcha iniciativas como o decreto da Risga, que ten entre as súas principais novidades o feito de que se permite solicitala tamén a persoas que non estean en situación de desemprego. Deste xeito, creáronse dous novos tramos: o de transición ao emprego e o de inserción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre