Inicio Galicia Política social destaca os recursos impulsados no rural durante o VII Foro...

Política social destaca os recursos impulsados no rural durante o VII Foro da Comunicación en Galicia

0

Destaca a importancia de garantir a prestación de servizos a todos os cidadáns con independencia do lugar no que decidan vivir

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou esta mañá no VII Foro da Comunicación en Galicia. Alí destacou a importancia de levar servizos ao rural para garantir a súa dinamización social e económica.

Así mesmo, sinalou que o labor das administracións é garantir que os cidadáns conten cos mesmos dereitos e prestacións sen importar o lugar no que decidan vivir. Un traballo no que, insiste, se vén centrado o Goberno galego durante a última década.

Este encontro ten lugar ao longo deste venres no complexo de Expourense e acollerá distintas comparecencias sobre o márketing dixital, a publicidade informada ou as fake news.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre