Inicio Galicia Política Social destaca o valor da pesca adaptada para a integración e...

Política Social destaca o valor da pesca adaptada para a integración e a autonomía das persoas con discapacidade

0

A Administración autonómica apoia este tipo de iniciativas que dan maior visibilidade a estas persoas

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, compartiu parte da mañá de hoxe coas persoas que se deron cita na nova edición de Pescadubra, un encontro de afeccionados á pesca no que tamén participan colectivos de persoas con discapacidade. A Xunta colabora nesta cita xa tradicional que conta co apoio de Cogami, o Concello de Val do Dubra e diferentes entidades locais.

Ildefonso de la Campa destacou a importancia de actividades como esta para dar visibilidade ás persoas con discapacidade e para que teñan alternativas de ocio nas que poidan desfrutar coas amizades e familiares. Tamén subliñou que este tipo de eventos supoñen un paso máis na adquisición de habilidades que favorecen a autonomía destas persas e lles proporciona autoestima e seguridade en si mesmas.

O evento, que se desenvolve na área recreativa do municipio coruñés, comezou pola mañá cunha sesión de pesca adaptada, e continúa pola tarde cunha xornada de pesca libre para nenas e nenos de 3 a 12 anos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre