Inicio Galicia Política Social destaca o valor da formación para mellorar a integración social...

Política Social destaca o valor da formación para mellorar a integración social e laboral da poboación xitana

0

A entidade desenvolve cursos para a obtención do carné de conducir e a adquisición de competencias clave financiados pola Administración autonómica

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo esta mañá un encontro cos participantes no curso para a adquisición do permiso de conducir B que organiza a Asociación de promoción e integración Xitana de Lugo. Esta é unha das acción formativas que leva a cabo esta entidade con financiamento da Xunta de Galicia.

Arturo Parrado, que aproveitou para manter unha xuntanza de traballo cos responsables da asociación, destacou a importancia da formación para mellorar a empregabilidade da poboación xitana. Tamén avogou por continuar a traballar na eliminación de calquera tipo de discriminación que aínda poida persistir na sociedade, a través da sensibilización e a intervención coas familias.

Ademais deste curso, a Asociación de promoción e integración xitana de Lugo tamén leva a cabo, co apoio da Administración autonómica, programas de acompañamento ás familias xitanas e formación para a adquisición de competencias clave.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre